Noticias

Novas relacionadas

O encontro musical «Entre Margens» chega á Guarda o 30 de maio


23 maio 2019
A Guarda
Entre Margens – Encontro de Tocadores

O vindeiro 30 de maio A Guarda acollerá o concerto de Sergio Mirra Trío e  Pan de Capazo enmarcado no «Entre Margens», un festival de música tradicional e danza que se celebra na veciña localidade portuguesa de Caminha.

Este ano o Festival cruza a fronteira para aterrar na Guarda cunha proposta musical na que os músicos atravesarán o Río Miño no Ferry-Boat para traer á Guarda un concerto que non deixará a ninguén indiferente e que terá lugar ás 20:30h na Praza do Reló(en caso de choiva no Centro Cultural).

«Entre Margens – Encontro de Tocadores» celébrase en Caminha do 30 de maio ao 2 de xuño cunha ampla programación na que se inclúen mostra de construtores de instrumentos, presentación de publicacións, cd´s e libros, foliadas, bailes, charlas, animación de rúa, cinema, exposicións e moito máis.

O acto inaugural terá lugar o 31 de maio ás 17:00h(P) a bordo do Ferry Boat, contando coa participación de músicos galegos e portugueses.