Noticias

Novas relacionadas

A Fase final da Copa División de Honra Xuvenil Masculina de Balonmán disputarase en Tui

O Balonmán Tui, equipo anfitrión, enfrontarase ao Laber Xiria este sábado ás 12.30 horas


23 maio 2019
Tui
Fase final da Copa División de Honra Xuvenil Masculina de Balonmán

O Concello de Tui será a sede da Fase Final da Copa División de Honra Xuvenil Masculina de balonmán, que se disputará esta fin de semana no novo pavillón deportivo municipal de Tui, organizado pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia e coa Deputación de Pontevedra.

Na mañá do sábado 25 disputaranse as semifinais, nas que se enfrontarán ás 10.30 horas aos equipos do Cisne Colexio Los Sauces e ao Seis do Nadal, e ás 12.30 horas ao Laber Xiria contra o equipo anfitrión do Club Balonmán Tui.

O domingo 26, celebrarase a final, ás 12.30 horas, tamén no pavillón deportivo municipal novo.

Dende o Concello de Tui desexamos moita sorte ao Club Balonmán Tui na disputa desta fase final e anima a todos os tudenses a acudir ao pavillón novo a animar aos xogadores.