Luis López participou nos actos en honor da Virxe Peregrina, patroa da provincia de Pontevedra
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou no acto de arranque das Festas da Peregrina de Pontevedra (ao que tamén asistiu o vicepresidente e concelleiro de Pontevedra Rafa Domínguez), que se prolongarán ata o vindeiro 20 de agosto.
13/08/2023
López asistiu á lectura do pregón que dá inicio á semana grande destes festexos e que este ano protagonizou Pilar Señoráns, presidenta da Asociación Veciñal de Santa María. A balconada da ser escenario deste acto.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, tamén pronunciou a ofrenda á Virxe Peregrina e participou na tradicional procesión en honor da Virxe Peregrina, patroa da provincia, no día grande da súa festividade.
A procesión saíu do Santuario da Peregrina e discorreu polas principais rúas do centro da cidade, para finalizar de novo no citado templo. Durante o traxecto, o presidente López estivo acompañado polo vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, así como por deputados do goberno provincial.