Día das Escritoras

 

Día das Escritoras

A Deputación súmase ao Día das Escritoras cunha lectura pública de textos de célebres autoras para reivindicar o labor e o legado de todas as creadoras literarias ao longo da historia. A institución provincial organiza un acto na sede de Vigo, o día 19 de outubro ás 19 horas, no que distintas personaxes do mundo da cultura da provincia de Pontevedra lerán fragmentos de obras de vinte recoñecidas autoras, desde Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Luz Pozo Garza, ata Gloria Fuertes, Pura Vázquez, Ida Vitale ou Dulce María Loynaz. O evento pódese seguir en streaming a través da páxina web da Deputación.

O acto segue a liña da iniciativa organizada pola Biblioteca Nacional con motivo desta data sinalada. A institución estatal elixiu vinte textos, todos eles vinculados á temática "o esforzo cotiá das mulleres". Estes mesmos fragmentos serán lidos no acto da Deputación por distintas autoras, entre elas Ledicia Costas, Inma López Silva, Isabel Blanco ou Silvia Penas, ademais de por outras personalidades da provincia.

Lectoras e lectores no acto

Isabel Blanco (escritora), Ledicia Costas (escritora), Carmela Silva (presidenta da Deputación de Pontevedra), Silvia Penas (escritora), Miguel Fernández (director do Museo MARCO), Victoria Alonso (deputada de Igualdade), María Lado (escritora), An Alfaya (escritora), María Xosé Queizán (escritora), Inma López Silva (escritora), Mar Nieto (escritora), María Jesús Pérez (profesora de Literatura no Instituto Rosales 2), Sandra Penelas (xornalista), Ana Fuentes (xornalista), Lara Dopazo (escritora), Carla Amado (directora do Instituto Camões de Vigo), María Costa (distribuidora de artes escénicas, Teatro Enselle), Raquel Vázquez (doctoranda en Filosofía de Xénero na Universidade de Santiago), Esteban Valverde (director do Conservatorio Superior de Vigo) e Xurxo Patiño (presidente dos libreiros de Vigo).

Autoras dos textos

  1. Teresa de Jesús, escritora (Ávila, 1515-Alba de Tormes, 1582)
  2. Sor Juana Inés de la Cruz, escritora (México, 1648-1695)
  3. Rosalía de Castro, poeta (Santiago de Compostela, 1937-Padrón, 1885)
  4. Emilia Pardo Bazán, escritora (A Coruña, 1851-Madrid, 1921)
  5. Carmen Baroja y Nessi, escritora (Pamplona, 1883-1950)
  6. Elena Fortún, escritora (Madrid, 1886-1952)
  7. Concha Méndez, poeta (1898-1986)
  8. Errose Bustinza "Mañariko", escritora (Biscaia, 1899-1953)
  9. Victorina Durán, escenógrafa e escritora (Madrid, 1899-1993)
  10. Dulce María Loynaz, poeta (La Habana, 1902-1997)
  11. Luisa Carnés, escritora e xornalista (Madrid, 1905-México, 1964)
  12. Josefina Carabias, escritora e xornalista (Ávila, 1908-Madrid, 1980)
  13. Mercè Rodoreda, escritora (Barcelona, 1908-Xirona, 1983)
  14. Gloria Fuertes, poeta (Madrid, 1917-1998)
  15. Pura Vázquez, poeta (Ourense, 1918-2006)
  16. Idea Vilariño, poeta (Montevideo, 1920-2009)
  17. Ida Vitale, poeta (Montevideo, 1923)
  18. Ana María Matute, escritora (Barcelona, 1925-2014)
  19. Blanca Varela, poeta (Lima, 1926-2009)
  20. Circe Maia, poeta (Montevideo, 1932)

Última modificación: martes, 20 outubro 2020