Día do Patrimonio Mundial

Día Internacional do Patrimonio Mundial

O 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial, unha data para lembrar. No Arquivo e na Biblioteca da Deputación, onde se traballa a prol da conservación e difusión do patrimonio pontevedrés, tés unha pequena mostra en múltiples formatos reunida en colaboración coas distintas institucións provinciais.

Podes consultala na sede do Arquivo Provincial, localizado na rúa Padre Amoedo, 1; en www.arquivos.depo.es e en pouco tempo en www.atopo.depo.es, portal de descubrimento de recursos de información. Este último está composto polas coleccións e polos fondos documentais, bibliográficos, cartográficos e audiovisuais do Museo de Pontevedra; do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación; dos arquivos municipais e doutras institucións, públicas ou privadas, da provincia de Pontevedra.

Aquí tes unha escolma:

Fotografías aéreas verticais de Pontevedra

Fotografías aéreas verticais do fondo da ría de Pontevedra

Fotografías aéreas verticais dos portos de Bouzas e Vigo

Última modificación: Thursday, 15 November 2018