Día Mundial do Medio Ambiente

Día Mundial do Medio Ambiente

A Deputación de Pontevedra, comprometida a fondo co coidado do planeta e coa sostibilidade ambiental, súmase ao Día Mundial do Medio Ambiente. A institución aposta e traballa a diario por unha provincia sostible, e reafirma nesta data a súa defensa e implicación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Así, incorporou, e continuará a incorporar, as determinacións dos ODS aos proxectos dos seus diferentes servizos para contribuír a acadar as metas da Axenda 2030 en todo o ámbito das súas competencias.

Dentro das súas múltiples iniciativas e no seu firme compromiso coa posta en valor da riqueza natural do territorio e o fomento dos hábitos saudables, a Deputación pon en marcha o programa de visitas guiadas "Bosques terapéuticos", con cinco rutas a parques forestais da provincia que mesturan natureza, exercicio, cultura, historia e saúde. O obxectivo desta acción é dar a coñecer estes espazos e lograr que as e os participantes experimenten, en primeira persoa, algúns dos principais beneficios que nos ofrecen non só desde o punto de vista físico, senón tamén emocional e social. 

Última modificación: venres, 05 xuño 2020