Día Mundial do Teatro

Día Mundial del Teatro

"O teatro, coma o amor, é a cousa que obriga a unha intimidade máis grande"

María Casares

O Día Mundial do Teatro ten lugar cada 27 de marzo desde que o Instituto Internacional do Teatro (ITI) o creara no ano 1961 e Jean Cocteau pronunciara a primeira mensaxe conmemorativa na mesma data do seguinte ano. O seu obxectivo é dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.

Gustaríanos estar festexando este día nas rúas e nos teatros galegos con todas e todos vós, mais dada a situación actual desde a Deputación de Pontevedra queremos amosar o noso apoio ao teatro e ás artes escénicas nestes difíciles momentos para as e os seus profesionais. Agardamos que as portas se poidan volver abrir pronto e as butacas se enchan de espectadoras e espectadores desexosos de cultura e teatro, a arte que consegue que a maxia se faga real máis preto da xente.

 

Volveremos gozar co teatro e a cultura porque nos van precisar máis ca nunca. Nestes enlaces ao Pontegal e o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra as asociacións e entidades locais poden acceder ao catálogo de compañías e espectáculos inscritos e solicitar axudas para a súa programación:

 

O espectáculo, cando poidamos, debe continuar!

#DíaMundialdoTeatro #DíadoTeatro

 

Última modificación: venres, 27 marzo 2020