Proxectos de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono (FEDER-POPE 2014-2020)
A Deputación de Pontevedra, en colaboración cos concellos e co cofinanciamento do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), impulsa unha estratexia conxunta que lles permite o paso a unha economía baixa en carbono ás entidades locais de toda a provincia.
Neste marco de colaboración, ao amparo da convocatoria do IDAE regulada polo Real decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020; modificado polo Real decreto 316/2019, de 26 de abril, na actualidade están en marcha os seguintes proxectos:
Proxectos de renovación das instalacións de iluminación e sinalización exterior (medida 6):
ILUMINACIÓN EXTERIOR SOSTIBLE I (FEDER_EELL_2019-000512)
O proxecto contempla a actuación en diferentes rúas e lugares dos municipios de: Barro, Caldas de Reis, Cambados, A Guarda, Meis, Nigrán, Portas, Rodeiro, Salvaterra de Miño e Tui.
O orzamento total e o financiamento reflíctense no seguinte cadro:
Orzamento total | Achega do IDAE | Achega da Deputación e dos concellos |
---|---|---|
687.922,29 € | 550.337,83 € | 137.584,46 € |
En total, instalaranse 2.234 luminarias LED, o que implicará unha redución da potencia de 433,38 kW a 129,42 kW e un aforro enerxético de ao redor do 70 %.
Os resultados previstos para o proxecto desagréganse a continuación:
Concello | Puntos de luz para renovar | Potencia instalada actual en kW | Potencia instalada futura en kW | Aforro de enerxía |
---|---|---|---|---|
Barro | 197 | 45,89075 | 14,23 | 69 % |
Caldas de Reis | 117 | 32,2 | 9,725 | 70 % |
Cambados | 309 | 55,373 | 14,47 | 74 % |
Guarda, A | 250 | 38,2835 | 15,65 | 59 % |
Meis | 282 | 38,813 | 16,31 | 58 % |
Nigrán | 169 | 40,6525 | 11,01 | 73 % |
Portas | 228 | 46,94875 | 15,49 | 67 % |
Rodeiro | 281 | 39,767 | 11,105 | 72 % |
Salvaterra de Miño | 220 | 47,84 | 16,045 | 66 % |
Tui> | 181 | 47,61 | 5,395 | 89 % |
ILUMINACIÓN EXTERIOR SOSTIBLE II (FEDER_EELL_2019-000499)
O proxecto contempla a actuación en diferentes rúas e lugares dos municipios de: Arbo, Covelo, Crecente, Meaño, As Neves, Oia, Poio, Pontecesures, O Porriño, Silleda, Tomiño e Vilanova de Arousa.
O orzamento total e o financiamento reflíctense no seguinte cadro:
Orzamento total | Achega do IDAE | Achega da Deputación e dos concellos |
---|---|---|
758.111,04 € | 606.488,83 € | 151.622,21 € |
En total, instalaranse 2.637 luminarias LED, o que implicará unha redución da potencia de 387,71 kW a 137,73 kW e un aforro enerxético ao redor do 64 %.
Os resultados previstos para o proxecto desagréganse a continuación:
Concello | Puntos de luz para renovar | Potencia instalada actual en kW | Potencia instalada futura en kW | Aforro de enerxía |
---|---|---|---|---|
Arbo | 186 | 24,84 | 12,05 | 51 % |
Covelo | 156 | 26,841 | 8,02 | 70 % |
Crecente | 169 | 22,64 | 7,22 | 68 % |
Meaño | 314 | 35,282 | 18,53 | 47 % |
Neves, As | 196 | 25,18 | 8,78 | 65 % |
Oia | 151 | 27,06 | 11,92 | 56 % |
Poio | 263 | 42,12 | 9,53 | 77 % |
Pontecesures | 127 | 21,43 | 5,04 | 76 % |
Porriño, O | 216 | 45,42 | 14,36 | 68 % |
Silleda | 203 | 46,57 | 16,51 | 65 % |
Tomiño | 217 | 37,3405 | 16,9 | 55 % |
Vilanova de Arousa | 169 | 32,99 | 8,89 | 73 % |
ILUMINACIÓN EXTERIOR SOSTIBLE III (FEDER_EELL_2019-000498)
O proxecto contempla a actuación en diferentes rúas e lugares dos municipios de Baiona, Cuntis, Fornelos de Montes, O Grove, A Illa de Arousa, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Pazos de Borbén, O Rosal e Soutomaior.
O orzamento total e o financiamento reflíctense no seguinte cadro:
Orzamento total | Achega do IDAE | Achega da Deputación e dos concellos |
---|---|---|
556.593,95 € | 445.275,16 € | 111.318,79 € |
En total, instalaranse 1.411 luminarias LED, o que implicará unha redución da potencia de 188,67 kW a 67 kW e un aforro enerxético ao redor do 64 %.
Os resultados previstos para o proxecto desagréganse a continuación:
Concello | Puntos de luz para renovar | Potencia instalada actual en kW | Potencia instalada futura en kW | Aforro de enerxía |
---|---|---|---|---|
Baiona | 76 | 9,89 | 4,56 | 54 % |
Cuntis | 70 | 17,02 | 2,67 | 84 % |
Fornelos de Montes | 102 | 17,6 | 4,81 | 73 % |
Grove, O | 305 | 30,94 | 12,45 | 60 % |
Illa de Arousa , A | 134 | 10,79 | 2,68 | 75 % |
Moaña | 35 | 9,17 | 2,18 | 76 % |
Mondariz | 134 | 9,91 | 5,56 | 44 % |
Moraña | 190 | 16,4 | 7,6 | 54 % |
Mos | 101 | 11,86 | 6,51 | 45 % |
Pazos de Borbén | 155 | 30,9 | 8,71 | 72 % |
Rosal, O | 46 | 7,94 | 4,57 | 42 % |
Soutomaior | 63 | 16,25 | 4,45 | 52 % |
ILUMINACIÓN EXTERIOR SOSTIBLE IV (FEDER_EELL_2019-000695)
O proxecto contempla a actuación en diferentes rúas e lugares dos municipios Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Gondomar, A Lama, Mondariz-Balneario, Salceda de Caselas e Valga.
O orzamento total e o financiamento reflíctense no seguinte cadro:
Orzamento total | Achega do IDAE | Achega da Deputación e dos concellos |
---|---|---|
543.882,90 € € | 435.106,32 € | 108.776,58 € |
En total, instalaranse 1.376 luminarias LED, o que implicará unha redución da potencia de 192,06kW a 64,58 kW e un aforro enerxético ao redor do 66 %.
Os resultados previstos para o proxecto desagréganse a continuación:
Concello | Puntos de luz para renovar | Potencia instalada actual en kW | Potencia instalada futura en kW | Aforro de enerxía |
---|---|---|---|---|
Bueu | 214 | 25,07 | 10,01 | 60 % |
Campo Lameiro | 272 | 22,379 | 10,815 | 52 % |
Cerdedo-Cotobade | 38 | 3,059 | 1,52 | 50 % |
Dozón | 111 | 6,3825 | 3,32 | 48 % |
Gondomar | 188 | 34,4425 | 11,09 | 68 % |
Lama, A | 101 | 14,605 | 6,06 | 59 % |
Mondariz- Balneario | 38 | 6,555 | 1,55 | 76 % |
Salceda de Caselas | 211 | 29,003 | 8,44 | 71 % |
Valga | 203 | 50,5655 | 11,77 | 77 % |
ILUMINACIÓN SOSTIBLE EN BENS DE INTERESE CULTURAL (FEDER_EELL_2019-000521)
O proxecto contempla a actuación nos BIC dos municipios de Baiona, Caldas de Reis, A Guarda, Meis, Poio, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa.
O orzamento total e o financiamento reflíctense no seguinte cadro:
Orzamento total | Achega do IDAE | Achega da Deputación e dos concellos |
---|---|---|
112.111,92 € | 89.689,54 | 22.422,38 € |
En total, instalaranse 371 luminarias LED, o que implicará unha redución da potencia de 62,03 kW a 16,46 kW e un aforro enerxético ao redor do 73 %./p>
Os resultados previstos para o proxecto desagréganse a continuación:
Concello | Puntos de luz para renovar | Potencia instalada actual en kW | Potencia instalada futura en kW | Aforro enerxético |
---|---|---|---|---|
Baiona | 106 | 14,49 | 1,72 | 88 % |
Caldas de Reis | 54 | 10,24 | 1,91 | 81 % |
Garda, A | 38 | 3,54 | 0,78 | 78 % |
Meis | 3 | 1,21 | 0,55 | 54 % |
Poio | 105 | 15,54 | 5,83 | 62 % |
Salvaterra de Miño | 59 | 16,27 | 5,57 | 66 % |
Vilanova de Arousa | 6 | 0,75 | 0,1 | 87 % |
Proxecto de renovación das instalacións para uso térmico da biomasa (medida 11):
SUBSTITUCIÓN E INSTALACIÓN DE CALDEIRAS DE BIOMASA NOS CONCELLOS DA GUARDA, SALVATERRA DE MIÑO, MONDARIZ, PORTAS E CALDAS DE REIS (FEDER_EELL_2019-000559)
O proxecto consiste en substituír as caldeiras de combustible non renovable por caldeiras de biomasa nos municipios da Guarda, Salvaterra de Miño, Mondariz, Portas e Caldas de Reis da provincia de Pontevedra.
O orzamento total e o financiamento reflíctense no seguinte cadro:
Orzamento total | Achega do IDAE | Achega da Deputación e dos concellos |
---|---|---|
460.564,81 € | 368.451,85 € | 92.112,96 € |
Os resultados previstos para o proxecto desagréganse a continuación:
Concello e edificio | Sistema de calefacción a substituir | Consumo de enerxía primaria non renovable actual [kWh/ano] | Consumo de enerxía primaria non renovable futuro [kWh/ano] | Aforro enerxético |
---|---|---|---|---|
A Guarda: centro cultural | 1 Caldeira de gasóleo | 429.343,00 | 163.217,60 | 61,98 % |
Salvaterra de Miño: casa do concello | 1 Caldeira de gasóleo | 250.502,80 | 52.433,80 | 79,07 % |
Salvaterra de Miño: centro cultural | 1 Caldeira de gasóleo | 450.001,90 | 305.448,86 | 32,12 % |
Salvaterra de Miño: xulgado de paz | 1 Caldeira de gasóleo | 93.828,80 | 15.129,20 | 83,88 % |
Mondariz: centro social | 1 Bomba de calor | 175.582,80 | 140.882,40 | 19,76 % |
Portas: Azucreira | 1 Caldeira de gasóleo e radiadores eléctricos | 537.817,59 | 293.529,92 | 45,42 % |
Caldas de Reis: piscina municipal | 2 Caldeiras de gasóleo | 937.702,24 | 784.965,48 | 16,29 % |
Última modificación: martes, 16 febreiro 2021
-
Éxito da alianza entre Deputación, Concello de Mondariz e Entidade Local Menor para recuperar a Escola Unitaria de Vilasobroso con fondos europeos
19 de febreiro de 2021 -
A Deputación pechou 2020 coa mobilización de 68 millóns de euros de investimento directo nos concellos a través dos plans provinciais
07 de xaneiro de 2021 -
A Deputación de Pontevedra destina preto de dous millóns de euros a concellos da provincia
06 de decembro de 2020 -
A Deputación destina novos recursos por un millón de euros a cinco municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos 2020
31 de outubro de 2020 -
A Deputación de Pontevedra inxecta outros 6 millóns de euros aos concellos para infraestruturas, emprego e actuacións de desenvolvemento sostible
28 de agosto de 2020 -
A Deputación alcanza o cumprimento ao 100% da Axenda 2030 e, con esta "carta de presentación", optará ao reparto dos 140.000 millóns europeos xestionados polo Goberno de España
20 de agosto de 2020 -
Novo paso na aposta do Goberno provincial pola sostibilidade dos concellos coa aprobación de proxectos de iluminación e caldeiras de biomasa
07 de agosto de 2020 -
A Deputación de Pontevedra aproba novas achegas aos concellos por 2,1 millóns para infraestruturas e actuacións de desenvolvemento sostible
31 de xullo de 2020 -
A Deputación analiza o impacto da pandemia nos seus proxectos europeos e toma medidas para garantir os 30 millóns de euros previstos
01 de maio de 2020