En ruta coa Depo

En ruta coa Depo

En ruta coa Depo

Este programa está dirixido ás entidades sociais da provincia de Pontevedra, que terán a posibilidade de presentar a súa solicitude de forma conxunta con outra entidade.

Ten como finalidade mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, impulsando a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, ofrecéndolle alternativas de lecer e tempo libre á poboación xuvenil da nosa provincia e promovendo rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente nenas e nenos.

O programa consiste en pasar un día coñecendo os lugares sinalados na ruta asignada cunha persoa do equipo de guías, co xantar e o transporte incluídos.

Ofertaranse un total de 32 rutas por lugares emblemáticos da nosa provincia, que figurarán no catálogo  que se publicará en www.depo.gal, e un máximo de 20.000 prazas, das que 400 serán gratuítas.

As solicitudes poderán presentarse do 4 ao 22 de febreiro de 2019 por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Documentación:

  • Modelo de solicitude cuberto (anexo I)
  • Certificado acreditativo do cargo da persoa representante da entidade (anexo II)
  • Relación de persoas solicitantes de prazas gratuítas (anexo III), de ser o caso, segundo o establecido na base décimo cuarta
  • Informe de valoración social, para entidades que soliciten a gratuidade de prazas, de ser o caso, unha vez adxudicadas as rutas, que será cuberto pola traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios municipais (anexo IV) ou da propia entidade (anexo V)

Última modificación: luns, 20 maio 2019