Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Venres 26 e sábado 27 de xuño de 2020

Se o xornalismo é un sector dirixido maioritariamente por homes o da opinión é un xénero no que as mulleres levan anos a pelexar para atopar o seu espazo nos faladoiros de radio e de televisión, nos novos medios dixitais e nas páxinas dos xornais, onde as sinaturas son na súa maioría masculinas. A pesar desa realidade, hai mulleres columnistas, que escriben, que opinan, que abren blogs para tomar postura sobre a actualidade e a realidade na que viven; hai mulleres que dirixen medios e hai mulleres que introducen na axenda mediática temas e voces silenciadas durante anos.

O xornalismo non foi alleo á crise do coronavirus e, co confinamento, as tarefas domésticas e os coidados volveron evidenciar as desigualdades existentes e a dobre tarefa das mulleres xornalistas que agora traballan desde o fogar. Segundo un estudo da Federación Internacional de Xornalistas (IFJ Global),máis da metade da profesión xornalística en todo o mundo recoñece que sufriu estrés e ansiedade pola crise da COVID-19, un problema que recae especialmente nas mulleres: o 63 % das xornalistas fronte ao 55 % dos homes. Ademais, coa crise sanitaria a loita feminista pasou a un segundo plano na axenda social e mediática.

Por todo iso, a crise do coronavirus e as súas consecuencias na profesión serán o marco no que as convidadas reflexionarán durante a tarde do venres 26 de xuño e a mañá do sábado 27. Por terceiro ano consecutivo, deseñamos desde Pontevedra un foro que reúne esas mulleres de diferentes xeracións e perfís, todas elas profesionais do xornalismo e da escritura.

A deste 2020 é unha edición especial e diferente que se desenvolverá a través de internet, á espera de volver reunirnos fisicamente en 2021.

PROGRAMA

Venres 26 de xuño

17:00 h Inauguración e benvidaCarmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra, e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, con Diana López e Susana Pedreira

17:15 h Claudia Morán e Tamara Montero. "As mulleres na opinión: un elefante rosa no medio das redaccións". 
Xornalistas. En representación de Xornalistas Galegas

18:00 h Clara Jiménez Cruz. "Maldita.es: periodismo para que no te la cuelen"
Xornalista. Cofundadora de Maldita.es. Colaboradora en Onda Cero, RNE, Telemadrid, Cuatro e TVE

18:45 h Magda Bandera. "Medios cooperativos con agenda propia y perspectiva de género. Proyectos colectivos"
Xornalista. Directora de La Marea

Sábado 27 de xuño

11:30 h Noemí López Trujillo. "Reporterismo feminista. La elección de los temas y las voces protagonistas"
Xornalista. Reportaxes en Newtral.es

12:15 h Ángeles Caballero. "Actualidad política. Humor y color en la crónica"
Xornalista. Opinión en El Confidencial, Onda Cero, La Sexta y Canal 24 Horas

13:00 h Sara Vila e Selina Otero. "A crise da COVID desde unha perspectiva local. A educación que vén"
Xornalistas. Diario de Pontevedra e Faro de Vigo

13:45 h Despedida

 

Última modificación: luns, 06 xullo 2020

Relatoras

26-06-2020 Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

  • /escola-de-igualdade-maria-vinyals/
  • http://igualdade.pontevedra.gal/cim/
  • http://www.pontevedra.gal/