IV Encontro Provincial pola Inclusión. 28 e 29 de outubro de 2019
AVISO: A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA XORNADA TÉCNICA DO IV ENCONTRO PROVINCIAL POLA INCLUSIÓN ESTÁ PECHADA POR ESTAR CUBERTAS TODAS AS PRAZAS
O encontro está encamiñado a reflexionar e resaltar o papel e o esforzo das persoas con diversidade funcional, ademais de darlle visibilidade ao traballo que diferentes entidades da provincia de Pontevedra desenvolven neste ámbito.
Obxectivo
Crear un espazo de aprendizaxe, intercambio e inspiración que promova a igualdade e a inclusión das persoas con calquera tipo de diversidade funcional, e que expoña novas formas de participación, co obxectivo final de acadar unha provincia inclusiva e diversa e darlle voz a todas as persoas.
Para asistir á xornada técnica do día 28 debes cubrir o seguinte formulario, formalizando a reserva da túa praza.
Aquelas persoas que queiran asistir á xornada de convivencia do día 29 deberán de poñerse en contacto coa organización a través do correo electrónico encontropolainclusion@depo.es
Persoas destinatarias
O Encontro de Diversidade Funcional está dividido en dúas xornadas ben diferenciadas, que pretenden impactar de xeito específico nos seguintes colectivos:
Xornada técnica
- Traballadores/as sociais
- Educadores/as sociais
- Persoal técnico das entidades de Iniciativa Social e Sociosanitaria
- Persoal técnico das Áreas de Movilidade, Urbanismo e Obras dos Concellos, especialmente da provincia de Pontevedra
- Profesionais de Entidades relacionadas
- Profesionais do eido dos RRHH, da xestión de persoas e do desenvolvemento persoal e profesional
- Orientadores/as Laborais e profesionais relacionados/as
- Persoas con interese en estratexias de inclusión, sensibilización e diversidade
Xornada de convivencia
- Persoas relacionadas con Organizacións e Entidades que desenvolvan a súa labor no eido da inclusión e a igualdade
- Familias
- Público xeral
Última modificación: xoves, 24 outubro 2019
Vídeos
- 15/12/2017 Resumen do II Encontro Provincial pola Inclusión
- 18/10/2017 Encontro pola inclusión. 'Resiliencia: A adversidade como oportunidade' a cargo de Joaquín Dosil
- 18/10/2017 Encontro pola inclusión. As mulleres con diversidade funcional: integración laboral e social
- 18/10/2017 Encontro pola inclusión. Desarrollo profesional e emprendemento dende a diversidade funcional
- 18/10/2017 Encontro pola inclusión. Vida independente