Encontro Provincial pola Inclusión

Formulario de inscrición

  • Esta acción formativa é presencial e as persoas que se inscriban deberán asistir á totalidade da xornada
  • Esta formación conta con prazas limitadas e está orientada a profesionais, que terán prioridade á hora de rexistrarse e en canto á orde de inscrición
  • É posible que unha vez cuberto o formulario a organización inclúa as persoas participantes nunha lista de agarda ata confirmar os criterios de prioridade anteriormente descritos
  • A organización confirmará a inscrición a través dun correo electrónico
  • No caso de ter a confirmación da inscrición e non poder asistir será necesario notificarllo á organización coa maior antelación posible para que a praza quede libre para outras persoas que desexen participar
  • Ante calquera incidencia é posible poñerse en contacto coa organización a través do correo electrónico encontropolainclusion@depo.es indicando os datos persoais