Voando nas Rías Baixas

Excursión para a observación de aves na enseada de San Simón

  • Día da actividade: 10 de febreiro de 2019
  • Prazo de inscrición: do 28 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2019. A apertura do prazo de inscrición abrirase o 28 de xaneiro de 2019 ás 8:00 h da mañá
  • Lugar de encontro: diante do Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Chamarase por teléfono ás persoas admitidas e enviaráselles un correo electrónico co punto de encontro e información adicional sobre a ruta
  • Hora de encontro: ás 9
  • Prazas esgotadas

Enseada de San Simón (Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa)

Enseada de San Simón (Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa)

Situada no máis profundo da ría de Vigo destaca a espectacular enseada de San Simón, onde a influencia das mareas propicia nesta paisaxe intermareal a invernada e o paso migratorio de outono e primavera de interesantes aves acuáticas e mariñas, así como paseriformes das contornas arbóreas, de aí que sexa un espazo protexido pola Rede Natura 2000.

Ademais do pato asubiador (que ten en San Simón un dos mellores lugares de invernada de Galicia), é posible observar outras anátidas atractivas. Resaltan tamén limícolas coma o bilurico das rochas, a píldora cincenta, o bilurico patirroibo e claro, o pilro común e tridáctilo ou o mazarico real, e ardeidos coma a garza real, a garzota común, gaivotas varias, corvos mariños e paxariños coma o vistoso picapeixe.

Recomendacións, material e asistencia

  • A roupa debe ser cómoda e de abrigo nos meses fríos e o calzado apropiado para moverse polo campo
  • As excursións estarán conducidas por 2 guías ornitolóxicos de SEO/BirdLife de Pontevedra e con experiencia e coñecementos contrastados
  • Por ser unha actividade sensible de avistamento de fauna na natureza os grupos non deben ser moi numerosos, como máximo de 25 persoas
  • Material óptico: cada participante terá á súa disposición prismáticos de observación de aves, así como dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas
  • Material didáctico: achegarase unha guía de aves para cada participante na excursión
  • Notas: recoméndase que todas aquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo os leven

Última modificación: Monday, 28 January 2019