Convocatoria Erasmus+ 2021
Esta convocatoria ten por obxecto a adhesión de centros de FP da provincia de Pontevedra que impartan especialidades de grao medio para formar un consorcio de mobilidade coa finalidade de presentar de forma conxunta unha solicitude ao SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación) dentro da convocatoria Erasmus+ 2021, de xeito que o alumnado recentemente titulado en ciclos medios de FP, docentes e persoal dos centros adheridos realicen prácticas laborais en Europa.
- Bases (27/11/2020)
Documentación e tramitación en sede.depo.gal
INFORMACIÓN SOBRE OS PROXECTOS ERASMUS+ PRACTICUM DEPO
Tes algunha dúbida sobre os proxectos Erasmus+ Practicum Depo? Ponte en contacto connosco!
mobilidade.fp@depo.es
986 804 100 Ext: 40866
Axencia Nacional Erasmus+ en España
www.sepie.es
Última modificación: luns, 30 novembro 2020