Jornada nueva Ley de contratos

Concepción Campos Acuña

Licenciada en Dereito pola USC, doutora en Dereito, máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas (USC) e Especialista en Xestión Pública Local (FEMP).

É funcionaria da Administración local con habilitación de carácter estatal, subescala de Secretaría, categoría Superior, posto que desempeñou en distintos concellos, mancomunidades e consorcios. Na actualidade é secretaria do Goberno local do Concello de Vigo, codirectora da Rede Localis, coordinadora do observatorio de transparencia do Consultor, membro do consello de redacción da REGAP, do consello avaliador externo da revista Gabilex, do consello editorial de contidos do Consultor e community manager de Administración electrónica na rede social do INAP.

Recibiu o VI Premio Massager e o VII Premio Ramón Massaguer i Mir ao mellor libro de Dereito local 2013-2015 polo Manual para a constitución e xestión das corporacións locais. Tamén o Premio Innovadora Destacada 2016, do CNIS, e foille outorgado o recoñecemento como Promotora da Modernización e Innovación Gobernamental, polo instituto de Administración pública do Estado de Quintana Roo (México), 2017. Continúa colaborando en diversos procesos de reforma da Administración pública, en todos os niveis de goberno e, en particular, coa FEMP, onde coordina o grupo de traballo Integridade e Contratación Pública.

É profesora colaboradora e relatora de distintas institucións, entre outras: INAP, CLAD, UIMP, IEF, EUDEL, IVAP, CEDDET, EGAP, FEMP, FEGAMP, FIASEP, USC, UAB, CEMCI, COSITAL, UIMP, ACM, e outras entidades públicas e privadas. É autora de múltiples publicacións en revistas especializadas e monografías, en materia de contratación pública, transformación dixital e transparencia, sendo a súa última obra destacada A nova contratación pública no ámbito local. Claves para unha contratación electrónica e transparente.

Ponencia: "Transparencia e integridad en la contratación administrativa"