Noticias

Éxito do Festival de Corais da Festa da Troita

Cheo total na igrexa de Santa Eulalia para asistir ao concerto das corais de Amil, Cesantes e Ponte Caldelas


28 maio 2017
Ponte Caldelas
Corais na Festa da Troita

O Festival de Corais da 51ª edición da Festa da Troita congregou a máis dun cento de persoas na igrexa de Santa Eulalia, de Ponte Caldelas. Un certame no que participaron a coral local, Valdarrosa, e tamén, en calidade de invitadas, as corais polifónicas Cánticos de Amil (Moraña) e a Pedra Blanca de Cesantes.

Ao longo do repertorio obtiveron un sonoro recoñecemento por parte do público. Tanto a coral de Cesantes como a de Ponte Caldelas estiveron dirixidas por Iván Gulín e remataron o certame cunha interpretación conxunta de tres pezas.