Luis López recibe aos organizadores da concentración de motos de Bueu, un evento de referencia para descubrir os tesouros das Rías Baixas sobre dúas rodas

29/05/2025

Luis López recibe aos organizadores da concentración de motos de Bueu

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez recibe no Pazo provincial ao presidente do Moto Club de Bueu, Borja Portela; á tesoureira Tania Loira e outros membros dunha entidade que organizará do 6 ao 8 de xuño a emblemática concentración de motos da vila morracense. O mandatario provincial felicitou aos dirixentes desta entidade pola traxectoria dun evento que é unha referencia para os amates das motos de todo o país e que consolida ás Rías Baixas como un destino turístico ligado ao territorio e ao medio natural.