Luisa Sánchez reivindica a cultura como “unha forma de garantir futuro” na gala de entrega dos Premios da Crítica

18/10/2025

Luisa Sánchez gala de entrega dos Premios da Crítica

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reivindicou a cultura como "unha forma de garantir futuro" durante a cerimonia de entrega dos Premios da Crítica de Galicia, que se celebrou este sábado en Vigo. "Apostar pola cultura non é un luxo. A cultura é emprego, é cohesión, é identidade. É, en definitiva, o mellor investimento que pode facer unha sociedade que se respecta a si mesma", indicou. A representante provincial agradeceu á organización, aos membros do xurado e ás persoas que fan cultura "que nos lembrades que Galicia é un territorio pero tamén é unha maneira de mirar, de escribir, de cantar, de pensar e de sentir".