Noticias

O Centro Cultural de Ponte Caldelas abre unha exposición coa obra de Santiago Piñel


25 maio 2017
Ponte Caldelas
Pintura

O Centro Cultural de Ponte Caldelas inaugura mañá, venres, a partir das 20.00 horas, a exposición pictórica de Santiago Piñel, na que se recollen os seus últimos traballos e algúns que marcan a traxectoria deste artista.

Santiago Piñel naceu en Salamanca, pero vive en Pontevedra dende hai anos. É un músico con alma de pintor, actividade na que envorca toda a súa creatividade. No mundiño da pintura é coñecido como Vanty, a causa da súa peculiar sinatura cunha letra Ese moi peculiar.

Durante anos utilizou o óleo, pero chegou ao guache buscando a inspiración que o resto de  técnicas non lle permitían expresar. Nos seus últimos traballos atopa tamén a ocasión de mesturar as súas pinceladas co acrílico.

As súas últimas exposicións realizáronse no Casino Mercantil de Pontevedra e na sala de arte Tándem Art Gallery, de Barcelona.