Noticias

Dan comezo as obras do Plan Concellos 2016


31 maio 2017
Ribadumia
Obras en Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa que esta mesma semana deron comezo as obras financiadas para este municipio polo Plan Concellos 2016, obras que buscan en todos os casos a mellora das infraestructuras e servizos para os nosos veciños.

A primeira das obras que se puxo en marcha foi a que afecta a zona de Puxafeita, onde a rede existente ata este momento non estaba completa e deixaba algunha das vivendas do núcleo sen servizo polo que era necesario construir un tramo adicional para completalo.

Obra que ten un valor de 9496,16 € e que xa se está rematando, para pasar a seguinte que será na zona de Pereira.

Estas dúas obras xunto con outras similares, están dentro Rede de saneamento cun orzamento de 62387,63 €.

Deste xeito, trata de darse resposta as demandas dos veciños, e a complementar os servizos existentes para que poidan beneficiarse todos por igual.