Noticias

Ribadumia arranca a programación do Auditorio con música e teatro


05 outubro 2018
Ribadumia
Banda de música en Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa de que mañá arranca a nova tempada de programación no Auditorio Municipal, a cal contempla as actuación dende outubro a decembro.

Durante estes tres meses, poderemos disfrutar de música, teatro ou cine, entre outros.

Deste xeito, mañá día 6 de outubro as 21 horas é a quenda da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia quen dará, en colaboración coa Banda de Música de Lalín, un concerto musical previo ao XII Certame Galego de Bandas de Música. A entrada é libre e para todos os públicos.

Xa o domingo, as 19 horas, chega a primeira cita co teatro. Nesta ocasión é o grupo de teatro Elefante Elgante, quen vai representar a obra "Asubíos" inspirada no conto "Cada home é unha raza" do escritor mozambicano Mia Couto. Dita obra trátase dun alegato e reclamo para unha vida respectuosa do ser humano doa terra que nos acolle. De entrada libre, o público recomendado é maiores de 8 anos.

Xa nas seguintes semanas terán lugar a Festa do Deporte ou o Festival de Acordeóns.