Noticias

Ribadumia destino turístico


27 maio 2017
Ribadumia
Ribadumia destino turístico

O Concello de Ribadumia informa que a labor de promoción e difusión do noso municipio como enclave turístico e de referencia polo seu valor patrimonial e arquitectónico, está dando uns resultados moi positivos.

Deste xeito, o noso municipio está a ser punto de destino principal para moitos turístas que veñen a pasar as súas vacacións e días de lecer ó Salnés. Estes datos vense  avalados polo aumento do número de axencias de viaxe que contactan con este municipio para informarse e confirmar a súa visita a Ribadumia. Como exemplo, no mes de xuño só en dúas excursións organizadas, unha dela procedente de Estremadura, chegarán o municipio máis de 200 persoas.

Tamén cabe destacar a relevancia que nos últimos meses Ribadumia adquiriu como destino elixido polos colexios da provincia para dar a coñecer as novas xeracións os traballos tradicionais e con arraigo. Froito disto preto de 300 estudantes de diferentes cursos e idades visitaron e visitarán o noso municipio entre maio e xuño.

Ribadumia pon así en valor os seus recursos arquitectónicos, paisaxísticos e etnográficos.

Todos estes datos, veñen a avalar a labor que se está a facer de promoción turística, cun aumento continuado de visitantes que reflicte directamente na economía do Concello de Ribadumia.


Outras novas