Noticias

Xornada de consumo responsable no Cra de Ribadumia


04 decembro 2017
Ribadumia
Xornada de consumo responsable

O Concello de Ribadumia informa que hoxe o alumnado do C.R.A DE RIBADUMIA, recibiu nas instalacións da Sede do CRA en Leiro; ao persoal da Escola Galega de Consumo da Xunta de Galicia para levar a cabo obradoiros sobre o consumo responsable.

Posto que é importante que dende ven pequenos os nenos teñan concienciación da importancia dunha boa alimentación, e de evitar o consumismo, procurando en todo caso un consumo responsable atendendo as recomendacións das diferentes organizacións. Así, os alumnos do Cra de Ribadumia, nenos de 3 a 5 anos, acollerón con atención e interese todas as recomendacións.

Deste xeito cada grupo de alumnos puido elaborar un xoguete con material de reciclaxe, facer xogos sobre a pirámide de alimentos e unha charla obradoiro sobre o consumo responsable.

Con esta actividade preténdese que o alumnado dende moi pequeno distinga e escolla a alimentación máis axeitada e saudable.