Noticias

Aberto o prazo de inscrición para participar na Carreira Solidaria do Románico en Silleda

A cita, que se celebrará o domingo 22 de xullo, contará tamén cunha andaina e partirá dende a igrexa de Breixa


30 xuño 2018
Silleda
Monasterio Carboeiro en Silleda

A Carreira Solidaria do Románico do Concello de Silleda, que organiza a Fundación Baiuca Verdescente e QUALITE SPORT xa ten aberto o prazo de inscrición.

As persoas interesadas en participar poden anotarse e recibir máis información a través do portal web www.carreiradoromanico.com Tamén se poden realizar as inscricións na web de championchip norte.

A cita será o domingo 22 de xullo con dúas modalidades. Ademais dunha andaina de 8 kilómetros, haberá unha carreira (para persoas maiores de 16 anos) cun percorrido de 8,4 kilómetros. A saída e meta será na igrexa de Breixa. O percorrido circular pasará polas parroquias de Breixa, Carboeiro, Martixe e Ansemil. Ao finalizar a proba haberá avituallamento para tódolas persoas participantes, con empanada, tortilla, froita…

A recaudación da proba irá destinada integramente a dar a coñecer e desenvolver unha ruta turística alternativa do Románico coa finalidade de que tódolos visitantes coñezan o gran patrimonio cultural e arquitectónico do Concello de Silleda.

Dende a concellería de Cultura e Turismo de Silleda, Ana Luisa González Costa anima á vecindade a participar nesta iniciativa que contribuirá a poñer en valor a arte románica do municipio silledense, aunando deporte e patrimonio.