Noticias

Quince persoas asisten en Tui ao curso para preparar as probas libres para obter o graduado en ESO

É a primeira vez que concello pon en marcha esta actividade formativa


29 maio 2017
Tui
Formación

Quince persoas asisten en Tui ao curso de formación de adultos preparatorio das probas libres para a obtención do graduado de Ensino Secundario Obrigatorio, ESO. As clases celébranse os luns e os mércores, en horario de tarde, na Área Panorámica dende o pasado mes de marzo.

Esta é a primeira ocasión en que se imparte en Tui un curso destas características grazas á achega realizada pola concellería de Servizos Sociais. As sete mulleres e os oito homes, seleccionadas a través dos Servizos Sociais Comunitarios, que están a realizar esta actividade déronlle unha boa acollida, estando moi motivados e implicados. Esta iniciativa continuará de forma permanente incorporando novo alumnado cada curso, a medida que os participantes vaian aprobando as probas libres que celebran en xuño e setembro.