Noticias

Último día de inscrición para participar na VI Eurocidade 10

A saída será este domingo ás 11h dende a vella ponte internacional


06 xuño 2017
Tui
Cross

Maña mércores 7, será o último día para realizar a inscrición para participar na VI Eurocidade 10, proba deportiva atlética de dez quilómetros, organizada pola Eurocidade Tui-Valença e o Club Atletismo Tui-Thermalia, que percorrerá dous países este domingo, 11 de xuño.

Este ano, os participantes sairán ás 11h dende ponte vella, que une as dúas cidades, e pasar polas murallas de Valença e polo conxunto histórico de Tui, sendo animados polos veciños e veciñas ao longo do percorrido.

As inscricións pecharán ás 23.59 de maña mércores, podendo facerse a través da páxina web de https://championchipnorte.com, cun prezo de 4€ por participante.

Fotos