A Deputación mobiliza esta semana preto de 600 mulleres de 24 concellos da provincia nos obradoiros de +Xuntas

+Xuntas é un programa provincial destinado a promover a igualdade a través de actividades formativas que chegarán durante o ano 2025 a entidades de 56 concellos

29/09/2025

A Deputación de Pontevedra comeza esta semana novas actividades formativas do programa +Xuntas que mobilizarán un total de 36 colectivos de 24 concellos da provincia: Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, A Estrada, O Grove, Lalín, Marín, Meis, Moaña, Mos, As Neves, Ponte Caldelas, Ponteareas, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Un total de 573 mulleres de entidades sociais destas localidades iniciarán novas actividades formativas incluídas nunha iniciativa da Deputación que busca promover a igualdade, un dos grandes compromisos e obxectivos transversais do goberno da institución provincial.

Este luns 29 de setembro comezan as accións cun obradoiro de autocoidado para a Asociación Amas de Casa Consumidoras e Usuarias de Tui, un de alfabetización dixital para a Asociación de Mulleres Rurais Chan dos Casteliños (As Neves) e un de pilates para a Asociación Mulleres Rurais Consumidoras e Culturais Andrés de Vea (A Estrada). Pola súa banda, o martes 30 inician formacións as mulleres de AFAMO (Moaña) cun curso de teatro, as da Asociación San Salvador (Ponteareas) cun de alfabetización dixital, as da Asociación Mulleres Rurais Arbenses (Arbo) cun de plantas medicinais e as da Asociación Mulleres Rosalía de Castro (Vigo) cun de arte floral.

O mércores 1 de outubro hai dúas actividades de conservación de alimentos, conservas e encurtidos para a Asociación Cultural Lar de Sopas (Vigo) e para a Asociación de Mulleres Rurais Carballeira (Caldas de Reis), e dúas de pilates para a Asociación de Mulleres Viúvas Demócratas e Europeas de Vigo e para a Asociación de Mulleres Palilleiras de Lalín. Ademais, desenvolverase un obradoiro de pintura para a Confraría de Pescadores San Martín do Grove, un de artesanía en coiro para a Sociedade Cultural do Viso (Redondela), un de plantas medicinais para a Asociación de Mulleres Rurais de Castrelo-As Saíñas (Cambados), un de arte floral para o Círculo Cultural Abrente (Mos), un de musicoterapia para a Asociación de Mujeres Rurales Aires del Norte y Olé (Ponte Caldelas), un de administración de redes sociais para a Asociación de Empresarias de Galicia (Vigo) e un de xardinería para a Asociación de Mulleres Rurais de Camanzo (Vila de Cruces).

O xoves 2 as formacións continúan con tres cursos de pilates para a Asociación Amas de Casa Muíños do Vento (Catoira), para a Asociación de Mulleres Rurais Os Pazos (Meis) e para a Asociación de Mulleres Rurais de Castro (A Estrada); dous de conservación de alimentos, conservas e encurtidos para a Asociación de Mulleres Rurais de Salvaterra de Miño Tempo Gañado e para a Asociación de Mulleres Rurais A Seca de Corbilón (Cambados); un de taichí para a Asociación de Veciños Agustín Romero e outro de pintura para a Asociación Cultural Xeada, en Vilagarcía de Arousa. Tamén se inician actividades de ioga para o Colectivo Espazo 16 (Barro), de alfabetización dixital para a Asociación de Mulleres O Abeiro (Marín), de arte floral para a Asociación de Mulleres Rurais e Culturais Santa Mariña (Caldas de Reis) e de ximnasia hipopresiva para a Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois (A Estrada).

Pola súa banda, o venres 3 as usuarias da Asociación de Mulleres Rurais As Aceñas de Baión (Vilanova de Arousa) comezan outra actividade de ximnasia hipopresiva, as da Asociación de Mulleres en Igualdade de Prado (Lalín) unha de scrapbooking, asda Asociación de Viuvas de Baiona Mercedes de la Escalera unha de plantas medicinais e as da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda de Caselas unha de conservación de alimentos, conservas e encurtidos. Ademais o sábado 4 comezan outros dous obradoiros de conservación de alimentos, conservas e encurtidos para a Asociación Veciñal e Cultural San Xoán de Fornelos de Lourido (Salvaterra de Miño) e para o Centro Cultural e Social de Herville (Mos), e un de horta ecolóxica para a Asociación de Mulleres en Igualdade de Bendoiro (Lalín).

No marco de +Xuntas este ano terán lugar 207 accións formativas dirixidas a entidades de 56 concellos da provincia que traballan na promoción das mulleres e apoiando o seu desenvolvemento. O programa ten un orzamento de 325.000 euros e chegará a máis de 5.000 mulleres, que puideron escoller entre 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.