#TRANSPARENCIA

Información xurídica e patrimonial

Recóllese neste apartado a información considerada de relevancia xurídica, xerada como consecuencia da actividade da institución provincial, conforme ao indicado no artigo 7 da Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e ao anexo I letra c) da Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra. A información recollida ten un carácter variado e agrupa normativa aplicable á Deputación de Pontevedra, consolidada ou ben en tramitación, documentos expostos a información pública, o acceso á información pública, actas, convocatorias e extractos dos órganos de Goberno mais as resolucións xudiciais firmes agrupadas anualmente.


Tamén figura neste apartado a información patrimonial, a relación de bens de interese cultural e o número de vehículos oficiais dos que a Deputación é titular ou arrendataria, a relación de bens inmobles dos que é propietaria ou sobre os que ten algún dereito real e a información relativa a estradas provinciais.