#TRANSPARENCIA

Acceso á información pública

A través desta canle pode exercer o dereito de acceso á información pública que obre en poder da Deputación de Pontevedra e fose elaborada ou adquirida no exercicio das súas funcións.


Enténdese por información pública os contidos ou documentos, en calquera formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións. Así mesmo, considerarase información pública a producida polas entidades que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas.

O dereito de acceso poderá ser limitado cando acceder á información supoña un prexuízo para os ámbitos sinalados no artigo 14 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Entre as materias nas que a subministración de información estaría limitada atópanse as relacionadas coa seguridade nacional, a defensa, as relacións exteriores e a seguridade pública. Este dereito só poderá ser limitado ou denegado nos supostos previstos na normativa básica. Naqueles casos nos que a aplicación dalgunha limitación non afecte á totalidade da información, e sempre que sexa posible, concederase o acceso parcial, omitindo a información afectada pola limitación, agás que a información resultante sexa equívoca ou careza de sentido.

Formalización do acceso

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes de modo presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

Taxas

O acceso á información será gratuíto. Non obstante, a obtención de copias e a transposición a formatos diferentes do orixinal poderán estar suxeitas ao pagamento das taxas.

Normativa aplicable