Novas relacionadas

Os cursos de Silleda Form@cción arrancan o vindeiro 5 de novembro co ciclo de poda

As clases terán lugar os luns de 20:00 a 22:00 horas na Casa da Cultura


23 outubro 2018
Silleda
Silleda Form@cción

O programa Silleda Form@cción, posto en marcha dende a Concellería de Cultura para a vila de Silleda, dará comezo o vindeiro día 5 de novembro co curso de poda. As clases, nas que xa hai 13 persoas inscritas, impartiránse todos os luns en horario de 20:00 a 22:00 horas na Casa da Cultura de Silleda, cun prezo de 15 euros ao mes.

O programa oferta un total de 11 cursos. Ademais dalgúns relacionados coa horta e saúde (enxerto, horta ecolóxica, plantas aromáticas e medicinais, paisaxismo e xardinería; e alimentación saudable) tamén se ofertan manualidades, calceta, cestería, arte floral, fotografía e o de elaboración de xabróns e cosmética natural.

Precisase un número mínimo de alumnos/as para estes cursos. Os interesados poden recibir máis información e inscribirse no Concello ou a través do enderezo electrónico info@sillega.gal. As inscricións continúan abertas e algúns deles comezarán en canto se acade o número mínimo de alumnos/as.

Por outra banda, tamén segue aberto o prazo para os cursos que se ofertan no rural, a través das asociacións veciñais.