Noticias

Novas relacionadas

A Exposición de Pintura «anetadocamilo» estará na Casa dos Alonso da Guarda ata o 4 de xaneiro


23 decembro 2019
A Guarda
Exposicion de pintura

O pasado sábado día 21 de decembro a Casa dos Alonso acolleu a inauguración da Exposición de Pintura «anetadocamilo», alcume utilizado por Beatriz Bascoy Cao para  expresar con pintura o que con palabras non pode, unha exposición que con máis dunha ducia de obras.

Segundo explica a artista, «anetadocamilo» é un xeito de expresar inquedanzas, sentimentos, de sumirse nun mundo de cor paralelo a un mundo real con demasiados tonos de grises.

Para esta exposición Beatriz Bascoy traballa coa técnica Mixmedia, unha combinación dunha ou máis técnicas artísticas, de traballo e materiais no lenzo.

«anetadocamilo» avanza por un camiño onde se segue a emocionar cando unha persoa se para ante unha das súas obras e é capaz de sentir. Esa sensación non mudou dende o principio desta viaxe ...Ben sexa en lugares tan diferentes como os pendellos de Agolada ou a Menier Gallery de Londres.

Esta exposición enmárcase na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda e se pode visitar ata o 4 de xaneiro na pranta baixa da Casa dos Alonso en horario de 8:00h a 15:00h de Luns a venres.