Noticias

Novas relacionadas

A parroquia de Parada acolle o domingo 22 unha xornada medioambiental coa participación do grupo Scout Matter Horn 217

A unidade Esculta Denali deste grupo de Madrid fará unha recollida de lixo polos camiños da localidade e a Asociación de Veciños de Parada ensinaralles en qué consisten os traballos de sinalización e mantemento dunha ruta de sendeirismo


13 xullo 2018
Silleda
Concello de Silleda

A parroquia silledense de Parada acollerá o vindeiro domingo día 22 unha xornada de traballo e convivencia cos valores medioambientais como protagonistas. Un grupo de 26 mozos e mozas de 14 a 17 anos,  participará na recollida de lixo polos camiños da parroquia. Pertencen ao grupo Esculta Denali, da entidade Scout Matter Horn 217, de Madrid, que todos os anos realiza durante o verán distintos campamentos de traballo.

Na xornada, organizada por parte da Asociación de Veciños de Parada en colaboración co Concello de Silleda, os mozos e mozas estarán acompañados por veciños de Parada, que lle ensinarán ademais en qué consisten os traballos de sinalización e mantemento dunha ruta de sendeirismo.

 A expedición chegará á parroquia silledense a primeira hora da mañá. Un grupo de veciños e veciñas estaraos acompañando e guiando pola localidade que conta dende o ano 2008 conta coa Ruta da Auga, -un sendeiro homologado que se acondicionará tamén nas vindeiras semanas.

Esta entidade, que ao día seguinte partirán cara as Illas Cíes dende Silleda para participar noutra xornada de traballo, emprega un método de educación non formal con valores ecoloxístas. 

Esta actividade busca tamén concienciar á cidadanía da importancia de coidar o medio e de realizar unha xestión axeitada do lixo. O coidado e respeto pola natureza no entorno rural é outro dos valores que se buscan transmitir con actividades coma esta.

Dende o Concello de Silleda realizáronse nos últimos anos esforzos nesta liña apostando por cuestións como a recollida selectivo de lixo no rural.