Día de Rosalía

Día de Rosalía en la Diputación de Pontevedra

 

Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2018: Abride a fiestra

Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe. No bater das fiestras que cheiran a couza do pasado, a mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades, a fala que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das mareas e o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro.

Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.

Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!

E na nosa man está abrir a fiestra. Abrila para vermos a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos une ás rebeldes do mundo, que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos ofrece a súa clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre está do lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo aquí, en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan, alancando con brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.

Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.

Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.

Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.

María Reimóndez

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#AbrideAFiestra

Día de Rosalía 2018
  • 23/02/2018  Día de Rosalía - Carmela Silva

  • 23/02/2018  Día de Rosalía - Jenny Lores

  • 23/02/2018  Día de Rosalía - María Jesús

  • 23/02/2018  Día de Rosalía - Luz Gómez

  • 23/02/2018  Día de Rosalía - Rita Míguez

  • 23/02/2018  Día de Rosalía - Carme Vaquero

Día de Rosalía 2017
  • 24/02/2017  "Lieders" por Carmela Silva

  • 24/02/2017  "A xustiza pola man" por Eva Vilaverde

  • 24/02/2017  "Has cantar!" por David Regades

  • 24/02/2017  "Cantan os galos pró día" por Nidia Arévalo

  • 24/02/2017  "Dios bendiga todo, nena" por Ángel Moldes

  • 24/02/2017  "Eu levo unha pena" por Elena Gallego

Día de Rosalía

1 - 2 de 2 albumes existentes

  • 23-02-2018 Día de Rosalía
    23-02-2018 Día de Rosalía
  • 24-02-2017 Lectura institucional de Rosalía de Castro
    24-02-2017 Lectura institucional de Rosalía de Castro