#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego
Catálogo de Espectaculos
612 resultados encontrados
- DANZAR NO AR: A MAXIA DE VOAR. ANA ABAD DE LARRIVA
- ALGO BERRA EN MIN. ANA ABAD DE LARRIVA
- NO VENTRE DA NOITE. ANA ABAD DE LARRIVA
- FIRESHOW ELDERBLOT (LUME). ANDRESAWE
- A FADA DIANA, MUSICAL. ARIADNA SANTANA
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- PANOS DE VINAGRE. ARTESA CÍA
- PLANETA POP: A ALIEN QUE SE CONVERTEU EN SUPERESTRELA. ATERRADAS
- A LENDA DO APALPADOR. ATLÁNTICA
- MILLO VELLO. AY, CARIÑO
- WTF!. AY, CARIÑO!
- VICKI E A FELICIDADE. BANDULLO AZUL
- PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR (CONTACONTOS TEATRALIZADO). BARAFUNDA
- A MIÑA TATARAVOA MARUXA. BARAFUNDA
- QUEN DIXO MEDO? OS DIVERTIDOS ESPIRITUS DO SAMAÍN! . BARAFUNDA
- XAN DAS ONDAS [CONTACONTOS TEATRALIZADO] . BARAFUNDA
- O CENSOR DE MONSTROS. BARAFUNDA
- CONTOS E CANTARELAS. BEA CAMPOS
- OS CONTOS DE VIOLETA. BEA CAMPOS
- ALICIA WANTS TO. BENGALA TEATRO FÍSICO
Ay, Cariño: Millo Vello
Categoría: +DANZA
Dirigido a : Todos os públicos
Duración del espectaculo: 65m
Persona representante : Cris Vilariño
Datos de contacto : 622 468 543 - csanchez@ruta2.es
Página web del grupo : www.aycarinho.co
-
Sinopsis de la compañia :
Ay, Cariño! é unha compañía galega de recente creación (2023) impulsada por Cris Vilariño e Diego M. Buceta, ambos con unha sólida traxectoria na danza e na escena contemporánea. Estreando en 2024 os seus primeiros traballos, Millo Vello (para teatros e auditorios, coproducido polo Centro Coreográfico Galego) e WTF! (espectáculo de rúa e espazos non convencionais), a compañía aposta pola experimentación, a fusión de linguaxes e o diálogo entre corpo, espazo e memoria colectiva.
-
Sinopsis del espectaculo:
UN ESPECTÁCULO VIVO E ORGÁNICO Danza, música en vivo, cestería e instalación performativa conviven en Millo Vello, unha experiencia escénica que convida a conectar coa natureza e os seus ciclos. Inspirado na artesanía tradicional e no ritmo do entorno, o espectáculo tece un ecosistema visual e sonoro en constante transformación. A peza toma como eixo a cestería, coa asesoría da recoñecida artesá Lola Tourón. En escena, as intérpretes crean en tempo real unha grande estrutura de pólas, evocando a construción dos niños, símbolo de fogar e refuxio. Este proceso enriquécese coa mirada de Andrés Corchero, quen acompaña a exploración do material físico en escena, potenciando a súa expresividade e relación co corpo. Ademais, o deseño de luces de Laura Iturralde xoga un papel clave, construíndo atmosferas que dialogan coa transformación do espazo e realzan a organicidade do espectáculo. A música en vivo de Rafa Mallo (Triángulo de Amor Bizarro) marca o pulso deste ritual contemporáneo cunha percusión que combina instrumentos convencionais e materiais orgánicos como follas, ósos e pedras. Millo Vello é unha invitación a redescubrir o ancestral dende o presente. Un espazo onde o tempo se expande, o pasado entrézase coa modernidade e a danza convértese nunha ponte entre xeracións.
Caché con IVA : 3850.0 €
Caché + producción técnica con IVA : 4950.0 €