#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego
Catálogo de Espectaculos
612 resultados encontrados
- DANZAR NO AR: A MAXIA DE VOAR. ANA ABAD DE LARRIVA
- ALGO BERRA EN MIN. ANA ABAD DE LARRIVA
- NO VENTRE DA NOITE. ANA ABAD DE LARRIVA
- FIRESHOW ELDERBLOT (LUME). ANDRESAWE
- A FADA DIANA, MUSICAL. ARIADNA SANTANA
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- PANOS DE VINAGRE. ARTESA CÍA
- PLANETA POP: A ALIEN QUE SE CONVERTEU EN SUPERESTRELA. ATERRADAS
- A LENDA DO APALPADOR. ATLÁNTICA
- MILLO VELLO. AY, CARIÑO
- WTF!. AY, CARIÑO!
- VICKI E A FELICIDADE. BANDULLO AZUL
- PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR (CONTACONTOS TEATRALIZADO). BARAFUNDA
- A MIÑA TATARAVOA MARUXA. BARAFUNDA
- QUEN DIXO MEDO? OS DIVERTIDOS ESPIRITUS DO SAMAÍN! . BARAFUNDA
- XAN DAS ONDAS [CONTACONTOS TEATRALIZADO] . BARAFUNDA
- O CENSOR DE MONSTROS. BARAFUNDA
- CONTOS E CANTARELAS. BEA CAMPOS
- OS CONTOS DE VIOLETA. BEA CAMPOS
- ALICIA WANTS TO. BENGALA TEATRO FÍSICO
BENGALA TEATRO FÍSICO : ALICIA WANTS TO
Categoría: +TEATRO
Dirigido a : A partir dos 12 anos
Duración del espectaculo: 60 minutos
Persona representante : VÓRTICE S. COOP. GALEGA
Datos de contacto : 607 867 677 - vorticecoop@gmail.com
Página web del grupo : www.bengalateatrofisico.com
-
Sinopsis de la compañia :
BENGALA Teatro Físico somos unha compañía formada por artistas multidisciplinares que aposta por novas linguaxes dende unha perspectiva social e de xénero cun obxectivo: reflexionar a través da arte, aspirando a ser paridoras de preguntas. Vivimos nun mundo convulso que demanda afondar e achegar luz ás problemáticas sociais máis alarmantes. Deste xeito, apostamos por unha linguaxe plural na que combinamos diferentes artes vivas coa intención de facer un teatro que envolva e atravese. Cremos no teatro como un espazo onde é posible investigar a actualidade e trasladar todas estas cuestións á sociedade, interpelándoa activamente co obxectivo de fomentar o seu espírito reflexivo e pensamento crítico. Creamos dende os View Points e construímos a dramaturxia dende a pregunta: Por que se precisa esta obra agora?
-
Sinopsis del espectaculo:
Alicia Wants To é unha mestura de realismo máxico e crueza social que nos conta a historia de Alicia, unha adolescente que sae dun centro de menores e se reencontra con súa nai, Juana. Ambas son mulleres da marxe, da fronteira, do borde, que tratan de sobrevivir nunha sociedade atravesada pola exclusión social, os abusos, a pobreza e un sistema xudicial que non protexe ás minorías. Para afondar na idea de que non todos nacemos coas mesmas posibilidades a historia está construída a través dunha partida de xadrez, a partida de Alicia, na que ela xoga as brancas pero non conta con todas as pezas. Neste contexto, o público é parte activa e elixirá -votando co seu programa de man- algunha das decisións que ten que tomar Alicia e polo tanto decidindo como continúa o espectáculo. Unha dramaturxia inspirada libremente en referencias como Alicia no país das marabillas e na película Mommy de Xavier Dolan.
Caché con IVA : 4840.0 €
Caché + producción técnica con IVA : 5624.0 €