A Deputación aborda na V Convención de Turespaña en Cáceres novas iniciativas de promoción nacional e internacional do destino Rías Baixas

O deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña, reuniuse co director de Turismo de España no Reino Unido, Manuel Butler, para afondar no mercado británico e analizar a posibilidade de impulsar actuacións de colaboración conxunta

09/10/2025

V Convención de Turespaña en Cáceres

A Deputación aborda novas iniciativas de promoción nacional e internacional do destino Rías Baixas na V Convención de Turespaña que está a acoller a cidade de Cáceres. Neste eido, o deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña, acompañado da directora de Turismo, Romina Fernández, tivo a oportunidade de participar en diferentes reunións e sesións de traballo xunto co director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, co director de Turismo de España no Reino Unido, Manuel Batler, co conselleiro de Turismo do Goberno de Aragón, Manuel Blasco e coa directora de Turismo de Cantabria, María Saiz.

A internacionalización do destino Rías Baixas é un dos grandes obxectivos marcados na Estratexia Rías Baixas 61. Neste ámbito traballou o deputado provincial xunto co director de Turismo de España no Reino Unido, Manuel Batler, con quen se reuniu no marco da V Convención de Turespaña cun duplo obxectivo: por unha banda, afondar no mercado británico para estudar as oportunidades existentes para a provincia de Pontevedra e, pola outra, analizar a posibilidade de impulsar actuacións de colaboración conxunta entre ambos organismos. Almuiña adiantou a Batler que a Deputación de Pontevedra participará na World Travel Market que acollerá Londres entre o 4 e o 6 de novembro.

Pola súa banda, a importancia expandir a provincia nos mercados nacionais é tamén outra das máximas do goberno provincial. Por estes motivos, o deputado reuniuse con conselleiros e directores de Turismo de Comunidades Autónomas como Aragón e Cantabria para analizar mercados e explorar vías de colaboración. No caso concreto de Aragón, Almuíña tivo a oportunidade de detallarlle a Manuel Blasco, conselleiro de Turismo, o workshop que desenvolverá a Deputación de Pontevedra en Zaragoza o próximo 29 de outubro, no que participarán 25 empresas turísticas da provincia e se divulgará a campaña Cando volves? premiada en Xapón, Sudáfrica, Estados Unidos, España e Francia.

Galerias de imagenes