Escola de Igualdade María Vinyals

Xornada "Miradas interdisciplinares sobre a violencia de xénero"

A Deputación de Pontevedra, dentro das accións formativas da Escola de Igualdade María Vinyals, organiza unha xornada monográfica o 15 de xuño sobre a violencia de xénero na que se abordarán, entre outros temas , qué se agocha detrás da violencia exercida sobre as mulleres, a resposta xudicial, e qué ferramentas utilizar para previla: prevención desde a educación.

Na sesión de tarde, a través de obradoiros, mediante unha metodoloxía máis interactiva que permita o diálogo e a reflexión, analizarase a práctica profesional, e crearase un espazo vivo de encontro e intercambio de experiencias.

Esta formación conta con prazas limitadas; permitirase a inscrición ata completar o aforo de cada un dos obradoiros.

Para reservar a túa praza deberás cubrir e enviar o formulario de inscrición que figura a continuación.

Unha vez recibidos os formularios confirmarémosche, á maior brevidade posible, a túa inscrición ou, de ser o caso, a dispoñibilidade de prazas a través do correo electrónico.

Inscrición gratuíta, prazas limitadas
Data límite de inscrición: 12 de xuño de 2017

Persoas destinatarias

Persoal técnico dos concellos, profesionais dos diferentes eidos que traballan na erradicación da violencia de xénero e na atención integral ás mulleres que sofren este tipo de violencia e ás súas fillas e fillos, e persoas interesadas.

Para máis información contacta co Servizo de Igualdade en igualdade@depo.es ou no teléfono 986 804 100 (ext. 40870)

PROGRAMA

  • De 9:00 a 9:30 h Recollida de material e acreditacións
  • De 9:30 a 10:00 h Apertura da xornada
  • De 10:00 a 11:30 h "Qué agocha a violencia de xénero"
  • De 11:30 a 12:00 h Pausa para o café
  • De 12:00 a 13:15 h "A nova misoxinia"
  • De 13:15 a 14:15 h "A resposta xurídica á violencia de xénero e a súa evolución. Antigos e novos retos"
  • De 14:15 a 16:00 h Pausa para a comida
  • De 16:00 a 19:00 h Obradoiros
    • I. Educando en Igualdade para Previr a Violencia de Xénero
    • II. O Amor Romántico e o Cine
    • III. Lei Orgánica 1/2004 de Protección Integral e a súa Aplicación polos Tribunais Españois. Muller e Menores, a Materia Pendente da Xustiza
  • 19:00 h Clausura

Programa completo (pdf)

Última modificación: xoves, 03 agosto 2017