Infancia e adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero

Infancia e Adolescencia: unha Cara Oculta da Violencia de Xénero

Cando se fala de violencia de xénero adóitase pensar en mulleres adultas que a sofren por parte das súas parellas ou ex-parellas. Non obstante, existe unha cara oculta desta violencia: a que se exerce sobre a infancia e a adolescencia por parte de varóns da familia ou institucións, precisamente naqueles contextos que deberían ser un espazo de protección para nenas, nenos e adolescentes. Con esta xornada aspiramos a proporcionar elementos de debate e ferramentas para a prevención desta violencia e a intervención en diferentes ámbitos.

Xornada

Pazo da Cultura. Pontevedra
26 de maio de 2018

Obxectivos

Dar a coñecer os resultados dun traballo de investigación, inserido no Proxecto REDES da Universidade de Vigo, relativo a diferentes aspectos da violencia de xénero exercida sobre a infancia e a adolescencia, que constitúen unha cara oculta da violencia de xénero.

Ofrecer a visión de diversas expertas nos ámbitos da psicoloxía, da educación, da saúde, da xustiza e do asociativo.

Proporcionar elementos de debate e ferramentas para a prevención e a intervención en diferentes ámbitos.

Programa

9:30-10:00. Benvida institucional

10:00-10:15. "O Proxecto REDES". Ángeles Parrilla Latas. Directora do Proxecto REDES. Profesora da UVigo

10:15-11:30. Panel de presentación do microproxecto "Infancia e adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero"

  • Azucena Arias Correa. Orientadora e profesora da UVigo
  • Daisy Alcalde Monteagudo. Mestra. Asociación feminista O Soño de Lilith
  • Iria Vázquez Silva. Profesora da UDC
  • Presenta e modera: María A. Lires. Coordinadora do microproxecto. Profesora da UVigo

11:30-12:00. Descanso-café

12:00-13:30. Conferencia: "Violencia vicaria e SAP: fillas e fillos como vítimas da violencia de xénero"

13:30-16:00. Xantar

16:00-18:00. Obradoiros

  1. "A coeducación, o camiño para a prevención da violencia de xénero". Mariví Fernández Roldán. Asesora do Berritzegune de Irún
  2. "Crianzas maltratadas: detección e abordaxe desde o ámbito sanitario". Lola Ferreiro Díaz. Experta en xénero e saúde
  3. "Menores e violencia de xénero, tratamento interdisciplinario. Detección e actuación das administracións públicas. Apuntes sobre o Pacto de Estado". Paz Filgueira Paz. Titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo
  4. "Desmontando mitos contra nenas, nenos e adolescentes desde o eido asociativo". Estrela Gómez Viñas. Presidenta de AGAMME

18:00-18:30. Descanso-café

18:30-20:00. Posta en común e conclusións

Comité organizador

  • Ángeles Parrilla Latas. Directora do Proxecto REDES. Universidade de Vigo
  • Carme Fouces Díaz. Concello de Pontevedra
  • Lucía Muradas Arcay. Deputación de Pontevedra
  • Daisy Alcalde Monteagudo. Asociación O Soño de Lilith
  • María Álvarez Lires. Universidade de Vigo
  • Azucena Arias Correa. Universidade de Vigo
  • Jone Ojeda Macía. Programa nAmorAndo do Concello de Pontevedra
  • Sofía Piñeiro Recarey. Grupo de traballo do microproxecto
  • Adoración Varas Noguerol. Plan de Igualdade do Concello de Pontevedra
  • Iria Vázquez Silva. Universidade da Coruña
  • Mirian Viñas Cochón. Grupo de traballo do microproxecto

Formulario de inscrición

Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.

OBRADOIROS (marcar 1,2,3 e 4 por orde de preferencia)

Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.

Aviso legal

Os seus datos serán tratados segundo o disposto na Lei orgánica 15/1999 e no R. d. 1720/2007, de protección de datos de carácter persoal, e poderán ser incorporados aos ficheiros da Deputación de Pontevedra relacionados con este trámite. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación ou oposición nos termos establecidos na lei no seguinte enderezo: avda. Montero Ríos, s/n