Escola de Igualdade María Vinyals

Xornada Muller e Poder

3 de abril de 2019
Castelo de Soutomaior

Nas últimas décadas as mulleres conquistaron máis relevancia e protagonismo no espazo público e nas institucións. Lentamente van incrementando a súa presenza no ámbito político, nos consellos de administración das empresas etc. Non obstante, os datos indícannos que a súa participación segue sendo moito menor.

A xornada Muller e Poder ten como obxectivo visibilizar e poñer en valor as achegas das mulleres que traballan en distintas disciplinas e ámbitos coma a ciencia e a tecnoloxía, a cultura, a empresa, o ámbito deportivo, os medios de comunicación ou a política.

Na xornada participarán mulleres de referencia que ocupan postos de responsabilidade en diversos ámbitos, que nos achegarán as súas experiencias, cales son os obstáculos que impiden que as mulleres poidan acceder a espazos de decisión e postos de responsabilidade, así como novos estilos de liderado que permitan incrementar a presenza das mulleres nos diferentes ámbitos.

Programa

De 9:30 a 9:45 h Recollida de materiais e acreditacións

De 9:45 a 10:00 h Apertura da xornada e benvida
Carmela Silva Rego. Presidenta da Deputación de Pontevedra
Isaura Abelairas Rodríguez. Deputada de Igualdade da Deputación de Pontevedra

De 10:00 a 11:00 h Título: "Poderosas… e malvadas?"
Relatora: Laura Freixas Revuelta. Escritora. Presidenta de honra da Asociación Clásicas y Modernas, para a igualdade de xénero na cultura

De 11:00 a 12:00 h Título: "Mulleres, espazo público e o desempeño do poder"
Relatora: Carmela Silva Rego. Presidenta da Deputación de Pontevedra

De 12:00 a 12:30 h Pausa para o café

De 12:30 a 13:30 h Título: "Mulleres e guerra: redes invisibles de poder"
Relatora: Berta Fernández Rosón. Graduada en Dereito e Economía. Consultora legal en materia de Dereito de Asilo e Refuxio en Stop Mare Mortum

De 13:30 a 14:30 h Título: " A igualdade dende la perspectiva xurídica "
Relatora: Altamira Gonzalo Valgañón. Vicepresidenta da Asociación Mulleres Xuristas THEMIS

De 14:30 a 16:00 h Pausa para o xantar

De 16:00 a 17:00 h Título: "Poder e comunicación. A axenda pendente"
Relatora: Montserrat Boix Piqué. Periodista. Servizos informativos da RTVE. Creadora de Mujeres en Red

De 17:00 a 18:00 h Título: "Muller deportista, muller loitadora"
Relatora: Desirée Vila Bargiela. Ximnasta acrobática e atleta internacional

De 18:00 a 19:00 h Título: "Perseguindo unha meta"
Relatora: África González Fernández. Catedrática en Inmunoloxía. Presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e directora do Centro de Investigacións Biomédicas

19:00 h Clausura

Última modificación: martes, 26 marzo 2019

03-04-2019 Xornada Muller e Poder