Novas relacionadas
DEPOrte Escolas
"DEPOrte Escolas" é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.
- Bases (BOPPO 23/12/2020)
- Tramitación en www.sede.depo.gal
Modalidades de "DEPOrte Escolas"
Atletismo, baloncesto, balonmán, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo.
Nenas e nenos destinatarios
A única condición que tes que cumprir é ter moitas ganas de pasalo ben practicando a túa modalidade deportiva preferida.
As escolas estarán destinadas a nenas e nenos en idade escolar de toda a provincia de Pontevedra.
Busca a modalidade deportiva e as súas características técnicas e apúntate.
Formalización da inscrición
A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Para a presentación da inscrición, a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Opcionalmente, poderá presentarse a inscrición de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación de solicitudes
Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes:
- O 1.º prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na páxina web; a selección das prazas levarase a cabo por orde de rexistro de entrada. - O 2.º prazo de presentación de solicitudes será desde o 1 de febreiro ata o 28 de febreiro.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na páxina web.
Comezo das "DEPOrte Escolas"
As "DEPOrte Escolas" comezarán a partir do luns 1 de marzo no día e no horario correspondente a cada escola.