Instalacións

A Escola Infantil atópase no Centro Príncipe Felipe. Consta de oito aulas, unha para cada grupo de idade. Nas aulas de 2 e 3 anos o lavabo está adaptado ós nenos. Nas aulas de 0 a 1 e de 1 a 2, ademais dunha zona de aseo diferenciada, hai unha de descanso. A cociña, que se encarga de elaborar os menús, é a do CIPF. Esta Escola Infantil tamén dispón de despacho de dirección e recepción, sala de reunións para profesores e pais, un vestíbulo e distribuidor, unha aula de usos múltiples (entre os usos máis destacados atopamos o de aula audiovisual ou de psicomotricidade e comedor) e baños para o persoal, un deles para discapacitados. Conta cun patio exterior ó que se accede pola porta principal do edificio. O exterior está tratado con materiais adecuados para o seu uso; ten zona de xogos, soportal e xardín con herba. Toda a edificación, de 487,32 m2, pertence á Deputación de Pontevedra.