Ágora, polo espazo público
Ágora é unha rede de acción institucional a prol de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía.
Un dos seus fundamentos é que o espazo público forma parte substancial da vida das persoas como escenario natural da vida colectiva.
Os concellos que formen parte desta rede comprométense a realizar políticas de recuperación dos seus espazos públicos e a fomentar as mobilidades alternativas nos seus termos municipais. O obxectivo é que de aquí a xuño de 2023, os Concellos Ágora incrementen de forma substancial o espazo reservado para as persoas, itinerarios peonís e ciclabeis.
Ágora está promovido e coordinado pola Deputación de Pontevedra a través da súa área de Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos Urbanos.
- Creación da Rede de Concellos Ágora polo espazo público e aprobación do seu protocolo de actuación (BOPPO 30/06/2020)
(Desliza para ver)
Descargas
Última modificación: xoves, 19 novembro 2020
-
Os concellos "Ágora" da provincia implementarán de maneira inminente a sinalización de 30 km/h
26 de novembro de 2020 -
O proxecto "Ágora", aliñado cos obxectivos do Ministerio de Mobilidade e Axenda Urbana, é susceptible de acadar financiamento europeo
12 de novembro de 2020 -
Uxío Benítez: "Ponteareas é un exemplo de concello con iniciativa para recuperar o espazo público e a Deputación vai apoialo con todos os seus medios"
15 de outubro de 2020 -
Colexios oficiais e asociacións de consultorías e empresas únense á Deputación para recuperar espazo público na provincia co proxecto Ágora
01 de outubro de 2020 -
Tres de cada catro concellos da provincia súmanse á ‘Rede Ágora' da Deputación de Pontevedra para recuperar espazo público para as persoas reducíndollo aos coches
23 de setembro de 2020 -
Creada oficialmente a Rede de Concellos Ágora impulsada pola Deputación de Pontevedra para multiplicar o espazo público para as persoas no horizonte de 2023
13 de xuño de 2020