estraee

ESTRAEE: Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos

O proxecto ESTRAEE persegue impulsar, no espazo transfronteirizo Galicia-norte de Portugal, a xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE), implicando, por unha banda, a cidadáns, Administración local, fabricante e produtor, a través dos Sistemas de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SRAP), e, pola outra, a xestores no marco da normativa vixente (R. d español 110/2015 e D. l. portugués 67/2014).

1ª convocatoria INTERREG V A (POCTEP)

Eixe prioritario 3: crecemento sostible a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais.

Obxectivo temático OT 6: protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.

Prioridade de investimento PI 6.F: fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección medioambiental e da eficiencia dos recursos no sector dos residuos, o sector da auga, a protección do solo ou para reducir a contaminación atmosférica.

Socios:

  • Deputación de Pontevedra
  • Lipor-Serviço Intermunicipalizado de Gestão de Resíduos do Grande Porto
  • Revertia Reusing and Recycling
  • Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética (Energylab)
  • European Recycling Platform, ERP SAS, sucursal en España
  • ERP Portugal (European Recycling Platform)

Orzamento:

  • Orzamento total: 2.145.524,92  €
    • Orzamento da Deputación: 906.491,99 €
      • Achega da Deputación: 226.623,00 €
      • Achega de FEDER (75 %): 679.868,99 €

Cofinanciamento: máximo de cofinanciamento do 75 % de FEDER

Prazo de execución: o proxecto desenvolverase entre o 1 de outubro de 2015 e o 31 de decembro de 2019.

Obxectivos:

  • Impulsar, no espazo transfronteirizo Galicia-norte de Portugal, a xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE) implicando a cidadáns, Administración local, fabricante e produtor, a través dos sistemas de responsabilidade ampliada do produtor (SRAP), e a xestores, no marco da normativa vixente (R. d. español 110/2015 e D. l. 67/2014)
  • Impulsar a economía circular de mercado de materias primas secundarias, especialmente as críticas
  • Promover a innovación, o desenvolvemento tecnolóxico e a xeración de emprego verde
  • Mellorar o sistema municipal de recollida e adecuación dos puntos limpos que garantan un correcto almacenamento de RAEE para a súa posterior reutilización
  • Identificar as categorías de RAEE susceptibles de seren reutilizadas e elaborar procedementos que permitan a súa identificación e correcta clasificación
  • Establecer o procedemento de acceso dos centros de preparación para a reutilización (CPR) aos RAEE depositados nos puntos de recollida municipal e na distribución
  • Monitorizar e analizar o estado actual da reutilización dos RAEE e a súa regulación a nivel nacional e internacional
  • Desenvolver protocolos e un plan de negocio

Actuacións:

  • Adaptación de puntos limpos provinciais á Directiva RAEE: estudo, anteproxectos e execución de investimentos, extrapolable tamén ao norte de Portugal
  • Definición dunha ordenanza tipo para a provincia de Pontevedra, extrapolable ao norte de Portugal, na que se definan as prácticas máis axeitadas para o cumprimento da Directiva, nas operacións de prerrecollida, recollida e preparación para a reutilización e a reciclaxe por parte dos municipios
  • Análise do ciclo de vida, comparando reciclaxe e reutilización (ACV) de diferentes tipoloxías de RAEE
  • Implantación dunha bolsa de subprodutos derivados dos RAEE e AEE reutilizables común para as dúas rexións

Resultados:

  • Adecuar 18 puntos limpos no espazo transfronteirizo
  • Elaborar a Ordenanza sobre xestión sostible dos RAEE (prerrecollida, recollida, recepción, preparación para a reutilización, reciclaxe e eliminación)
  • Implantar a bolsa de recursos e materias primas secundarias
  • Analizar o ciclo de vida (ACV) das diferentes tipoloxías de RAEE: lavadoras, lavalouzas, tabletas e smartphones, comparando a reutilización e a reciclaxe
  • Fomentar a motivación social e implicación de produtores e fabricantes na nova estratexia de xestión dos RAEE
  • Preparar para a reutilización como opción prioritaria en xestión de RAEE
  • European Recicling Platform
  • energylab
  • Resvertia
  • Lipor