estraee

Xornada de presentación da Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos

A xornada celebrase o día 22 de febreiro de 2018, ás 10 h no Salón de actos do Edificio Administrativo

Programa

INTERVENCIÓNS INSTITUCIONAIS E DOS SOCIOS DO PROXECTO

10:00 h  Acreditación e acomodación das persoas asistentes
10:15 h  Presidenta da Deputación de Pontevedra
10:30 h  Deputado de Cooperación Municipal
10:50 h  European Recycling Platform España
11:00 h  European Recycling Platform Portugal
11:10 h  LIPOR-Serviço Intermunicipalizado de Gestâo de Resíduos do Grande Porto
11:20 h  Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética (Energylab)
11:30 h  Revertia Reusing and Recycling
11:40 h  Pausa para o café
12:10 h  Intervención do experto Matias Rodrigues (director xeral de ERP España). Ao final da charla abrirase un turno de preguntas para os asistentes
13:00 h  Clausura

 

Relator: Matias Rodrigues (58 anos)

Formación en enxeñería electrónica complementada cun máster en xestión de empresas.
Iniciou a súa carreira profesional no sector da electrónica, traballou en áreas de I+D, produción, instalacións de sistemas e planificación en empresas coma Matra-Transports, Alsthom e Thomson-CSF.
En 1994 incorporouse ao sector da xestión de residuos, primeiro no grupo Suez-Lyonnaise e, posteriormente, no grupo Ferrovial, onde desempeñou funcións de comercial, márketing de servizos ou planificación estratéxica, entre outras.
Desde 2007 é especialista na xestión de RAEE. Desde 2011 é director xeneral de ERP España, Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor autorizado tanto para RAEE coma para residuos de pilas e acumuladores (RPA).

Galeria de imagenes