Na procura do refuxio

Exposición

  • Exodus

    Un grupo de refuxiados espera no campo de Gevgelija, Macedonia, á chegada do tren que lle transportará ao seguinte destino da ruta nos Balcáns

  • Exodus

    Tras esperar durante horas os refuxiados soben ao tren. Os nenos cansos son levados polos seus pais á improvisada estación de tren de Gevgelija, Macedonia, en setembro de 2015

  • Exodus

    Unha muller mira con incerteza pola xanela no antigo tren macedonio. Durante o percorrido do refuxiado que empeza en Turquía, as condicións de amontoamento son unha constante

  • Exodus

    Un grupo recentemente chegado de Lesbos espera a cola en Idomeni para cruzar a territorio macedonio. No verán de 2015, existía unha cota de 2000 persoas ao día

  • Exodus

    Durante a marcha moitos perden as súas pertenzas nas cunetas dos camiños

  • Exodus

    Unha familia siria espera a que se poña en marcha o tren. Se amontoan en vagóns vellos durante horas para chegar á seguinte fronteira

  • Exodus

    O vello tren macedonio énchese de refuxiados que ansían chegar a Alemaña. De Gevgelija o ferrocarril lévalles a Tabanovce; o último pobo antes de chegar a Serbia

  • Exodus

    Un mozo reza durante a posta de sol en Miratovac, Serbia

  • Exodus

    Unha familia exhausta espera a que o seu salvoconducto sexa correcto e poidan durmir nas carpas do campo de refuxiados de Gevgelija en Macedonia

  • Exodus

    En setembro de 2015 non existían valos entre Grecia e Serbia. Os refuxiados eran conducidos entre campos para así poder chegar a postos de control e aduanas improvisadas

  • Exodus

    Unha familia espera a que o pai poida acceder ao tren. Non queren irse sen el

  • Exodus

    En todos os campos de refuxiados existen postos de recarga de batería móbiles. Para eles é moi importante estar en contacto con voluntarios, familiares e redes sociais

  • Exodus

    Un pequeno grupo de refuxiados descansa nas vías do tren en Idomeni, Grecia. Moitos aproveitan para comer e comunicarse cos seus seres queridos

  • Exodus

    Fronteira Serbia/Macedoni. Despois de chegar ao último pobo macedonio, os refuxiados camiñan para chegar ao campo de Presevo, onde se atopa o hospital de campaña

  • Exodus

    O tren é o medio preferido polos refuxiados, xa que en moitos casos poden ir familias enteiras e tómano no mesmo campo de refuxiados de Gevgelija, Macedonia