Queizán

"Materiais para pensar, gozar e profanar. Obra plástica de María Xosé Queizán"

Exposición que recolle a obra plástica de María Xosé Queizán.

María Xosé Queizán é unha das pioneiras da narrativa feminina en galego e referente do pensamento feminista en Galicia. Ao longo da súa dilatada traxectoria foi quen de expresar as súas ideas e reflexións a través da arte no seu sentido máis amplo.

Nesta obra amosa o seu talento creador e creativo e o seu espírito innovador, sempre na procura de novas ferramentas artísticas para expresar o seu compromiso social e as súas inquedanzas persoais en prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

A mostra está composta por 48 composicións realizadas con diferentes materiais e con obxectos cotiás.

Lugar: Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo
Sala Rosalía de Castro
Do 17 de setembro ao 29 de outubro de 2020

Catálogo

Última modificación: xoves, 17 setembro 2020