expresArte

expresARTE: obradoiros de expresión plástica para a integración e a interacción social

expresARTE é un programa lúdico e educativo composto por 10 talleres de expresión plástica para a integración e a interacción social a través dun conxunto de actividades vinculadas á arte, que terán como fío condutor distintas obras da colección do Museo.

Esta proposta persegue a inclusión educativa, de forma que cada participante sexa protagonista do proceso de aprendizaxe, independentemente do seu momento evolutivo e das súas características persoais e sociais, co fin de que supere as barreiras que dificultan o máximo desenvolvemento das súas capacidades.

Participantes: 12 nenas e nenos a partir de 6 anos de idade. A metade das prazas estarán reservadas para participantes con diversidade funcional.

Datas: O curso desenvolverase os xoves, desde o 26 de setembro ata o 28 de novembro (incluído).

Horario: de 17:15 a 18:30 h

Lugar: Sexto Edificio

Inscrición: Ata o 18 de setembro cubrindo o formulario de inscrición. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción.

Información: a través do teléfono 986 804 100 ext. 42412/13 ou do correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es

Última modificación: martes, 03 setembro 2019