VII Gala do Deporte Feminino Galego

VII Gala do Deporte Feminino Galego

3 de maio de 2019, ás 20 horas, Vilagarcía de Arousa

Ana Peleteiro, Nieves Gamallo, Tere Abilleira, Malena Mieres ou Susana Rodríguez son algunhas das protagonistas da Gala do Deporte Feminino Galego, que terá lugar o venres 3 de maio de 2019, ás 20 horas, no auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa. No transcurso deste evento, organizado pola Deputación de Pontevedra, procederemos á entrega dos VII Premios do Deporte Feminino Galego, correspondentes ao ano 2018. Con eles Mulleres Deportistas Galegas (Mudega) pretende que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola sociedade.

O pasado luns 3 de abril, reuniuse o xurado (formado por representantes de federacións deportivas, do CGTD, xornalistas, deportistas, Deputación Provincial e a propia asociación Mudega) para estudar as candidaturas presentadas tanto por federacións coma clubs ou persoas a nivel particular. Cómpre destacar a enorme participación deste ano (máis de 130 propostas), moi superior a edicións anteriores, nalgunhas modalidades chegaron a presentarse máis de 30 candidaturas. O xurado tivo unha complicada tarefa para decidir os premios, xa que había campioas mundiais en diferentes modalidades, medallistas internacionais, deportistas con magníficas traxectorias deportivas, xente moi nova que está a acadar logros a nivel internacional, clubs con resultados incribles...

Lista de premiadas/os correspondentes aos Premios ao Deporte Feminino Galego 2018:

  • Mellor deportista feminina: Ana Peleteiro
  • Mellor deportista feminina con diversidade funcional: Susana Rodríguez Gacio
  • Mellor deportista feminina promesa: Teresa Abilleira e Malena Mieres
  • Mellor adestradora do deporte feminino: Carla Abad
  • Mellor equipo feminino: Atlético Guardés
  • Premio á traxectoria: Nieves Gamallo
  • Mellor árbitra ou xuíza: Zulema González
  • Mellor directiva (máis comprometida/o co desenvolvemento do deporte feminino): a directiva do Burela FS
  • Mellor club: Cidade de Lugo Fluvial
  • Medio de comunicación amigo do deporte feminino:
    • Diario de Pontevedra
    • Faro de Vigo
  • Institución pública amiga do deporte feminino: Deputación de Pontevedra
  • Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino: Rodosa
  • Mellor iniciativa a prol do deporte feminino: Escola de Fútbol Feminino Rosalía
  • Mención especial: Judith Rodríguez
  • Mención honorífica in memoriam:
    • Manuel González Soto
    • Micaela Sinde Stompel

Vídeos

Resumo Deporte Galego Feminino 2018

   


03-05-2019 VII Gala do Deporte Feminino Galego