Gala de Turismo Rías Baixas

III Gran Gala de Turismo Rías Baixas

A Deputación rendeulle homenaxe en Vigo ao turismo da provincia nun evento que nomeou a Emma Lustres primeira embaixadora de Rías Baixas e distinguiu o sector cos selos SICTED.

Música, humor, sorpresas e moito glamour encheron o martes 12 de marzo de 2019 o Auditorio Mar de Vigo, no decurso da III Gran Gala de Turismo Rías Baixas que organiza a Deputación de Pontevedra. Ás 20:00 horas, a actriz Deborah Vukusic e o actor Carlos Blanco foron as primeiras persoas que cruzaron a alfombra vermella para conducir un evento organizado "ao máis puro estilo cinematográfico", no que a Deputación presentou a campaña deste ano, "Fame de Experiencias?", e no que 139 empresas do sector turístico das diferentes comarcas da provincia recibiron os recoñecementos SICTED, o selo que acredita a excelencia e a profesionalidade.

12-03-2019 III Gala de Turismo Rías Baixas