CULTURA
#MUSEODEPONTEVEDRA
Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra é unha institución pública, dependente da Deputación de Pontevedra, sen fins de lucro, ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento
A súa misión é formar, conservar, investigar, difundir e exhibir unha colección permanente de obxectos de arte de todo tipo; ofrecer exposicións temporais que inclúan pezas en préstamo, e cultivar e fomentar a arte cos medios adecuados, dirixindo actividades axeitadas que conduzan ó desenvolvemento artístico e cultural da provincia, levando a cabo e participando en actividades de relevancia nacional e internacional.
Máis información
#ARQUIVOPROVINCIAL
Patrimonio Documental e Bibliográfico
O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico insírese no organigrama da Deputación de Pontevedra como natural desenvolvemento do Arquivo-Biblioteca, consecuencia da evolución e ampliación das funcións e actividades que, de forma específica, se levan a cabo nos campos documental e bibliográfico, co fin de difundir a información e a cultura.
Máis información
NOVAS SOBRE CULTURA
O Castelo de Soutomaior énchese coa reivindicación da industria cultural para impulsar un ecosistema digno
02/03/2023
A Deputación celebra esta semana dúas xornadas sobre conciliación na produción audiovisual e a saúde do sector cultural
26/02/2023
A Deputación enche a sede de Vigo de poesía, ilustración e música para celebrar o Día de Rosalía
24/02/2023